O noso equipo técnico participa activamente, xunto con outras entidades e empresas (Asociación Forestal de Galicia, Enerxil, Selga...), no desenvolvemento de estruturas de aproveitamento de enerxía a partir de biomasa forestal primaria. Inténtase dar unha cobertura loxística suficiente que permita o aproveitamento desta de forma rendible. Con ese fin estase a tratar de optimizar a cadea de produción e distribución da biomasa coordinando e mellorando a actuación das entidades ou empresas responsables de cada unha das fases do proceso.

Fases do proceso xa iniciadas:

  • Deseño e construción de puntos de almacenaxe intermedia.
  • A adquisición do equipamento necesario para a produción de biomasa.
  • Incentivar a participación das empresas da zona especializadas no deseño e fabricación de caldeiras, sistemas de alimentación, maquinaria adaptada ás necesidades dos nosos montes.