A instalación de produción de calor a partir de biomasa situada no Centro Cultural Xinzo (Ponteareas) foi o primeiro paso dun camiño que se presenta apaixonante.
A partir da iniciativa da C.M.V.M.C. de Xinzo e a Asociación Forestal de Galicia, e coa colaboración tanto da Consellería de Medio Rural coma da de Industria (a través do Inega), creouse a estrutura necesaria para analizar a viabilidade dun modelo a copiar noutras instalacións. Para iso construíronse dous silos de 40 metros cúbicos cada un, comprouse unha caldeira de 150 kw, instalouse unha rede de calor en todo o edificio do Centro Cultural Xinzo, construíuse unha nave no monte comunal e comprouse unha fendedora autónoma.