A creación de Xestión Galega Sostible é unha resposta á análise das oportunidades de mercado que estaban a aparecer en torno ao monte galego. A xerencia de monte periurbano (que se adapte ás súas peculiaridades), a xestión de puntos para depósito de terras distribuídos de forma axeitada (que sirvan de apoio ás empresas de transporte), o novo mercado da biomasa e a busca da súa optimización para convertelo en rendible e a negociación dos contratos relacionados con actos de disposición nos montes veciñais (de forma que se convertan nunha oportunidade de obtención de recursos), foron algunhas das razóns que provocaron a creación da empresa.

Dende a súa creación (decembro de 2007), tratouse de buscar unha posición no mercado que lle permita consolidar todas as súas liñas de negocio sen esquecer un dos obxectivos fundamentais da súa creación, achegar o seu gran de area para que o sector forestal galego e por extensión, os montes, poidan seguir mellorando e achegando benestar á sociedade.